«Establecer medidas preventivas por parte de Política Social», a petición da Federación de Construción e Servizos de CCOO a Inspección

A Federación de Construción e Servizos de CCOO denuncia que o departamento autonómico «segue sen facer o seu traballo, que é velar pola saúde do persoal da súa área de competencia»

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia dirixiuse á Inspección de Traballo para que requira que a Consellaría de Política Social estableza medidas preventivas e de protección do persoal de servizos esenciais da súa área de competencia ante o coronavirus. O sindicato critica que «o departamento segue sen facer o seu traballo, que é velar pola saúde destas traballadoras e traballadores».

A Federación de Construción e Servzios de CCOO detecta «irregularidades e incumprimentos» en canto á insuficiencia dos materiais de proteción (EPI), para que poidan protexer «tanto a súa saúde como a dos seus familiares, así como para evitar a propagación da enfermidade».

Así mesmo, a federación coida «incomprensible que a moito deste persoal, que está en contacto directo con persoas infectadas polo coronavirus, non se lle realicen os test PCR».

Por último, CCOO de Construción e Servizos pídelle á Inspección de Traballo actúe «coa máxima premura» e que contraste tamén coas traballadoras e cos traballadores, así como coa súa representación sindical, «a información que poida recibir».

Foto: Freepik

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.