“Establecer medidas preventivas por parte de Política Social”, a petición da Federación de Construción e Servizos de CCOO a Inspección

A Federación de Construción e Servizos de CCOO denuncia que o departamento autonómico “segue sen facer o seu traballo, que é velar pola saúde do persoal da súa área de competencia”

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia dirixiuse á Inspección de Traballo para que requira que a Consellaría de Política Social estableza medidas preventivas e de protección do persoal de servizos esenciais da súa área de competencia ante o coronavirus. O sindicato critica que “o departamento segue sen facer o seu traballo, que é velar pola saúde destas traballadoras e traballadores”.

A Federación de Construción e Servzios de CCOO detecta “irregularidades e incumprimentos” en canto á insuficiencia dos materiais de proteción (EPI), para que poidan protexer “tanto a súa saúde como a dos seus familiares, así como para evitar a propagación da enfermidade”.

Así mesmo, a federación coida “incomprensible que a moito deste persoal, que está en contacto directo con persoas infectadas polo coronavirus, non se lle realicen os test PCR”.

Por último, CCOO de Construción e Servizos pídelle á Inspección de Traballo actúe “coa máxima premura” e que contraste tamén coas traballadoras e cos traballadores, así como coa súa representación sindical, “a información que poida recibir”.

Foto: Freepik

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.