EU esixe a derogación da liberdade de horario de apertura de establecementos comerciais de primeira necesidade

Segundo o RD 463/2020 de 14 de marzo que declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise polo COVID-19, establece unha serie de establecementos que deben permanecer abertos para abastecemento de alimentos e produtos de primeira necesidade

O acceso a estes establecementos debe ser controlado para evitar aglomeracións e velar pola saúde de traballadores e consumidores, polo que a maioría das empresas están optando pola reducción do seu horario, co fin de garantir tanto a reposición de mercancía como a desinfección dos lugares e preservar así a saúde das persoas minimizando a posibilidade de contaxios.

Sen embargo a Xunta de Galicia, recolle na publicación do DOG do 15 de marzo no punto cuarto que, os establecementos de produtos de primeira necesidade  “terán liberdade horaria para fixar sen limitacións os horarios dos seus establecementos comerciais.”

“Esta situación de liberalización de horarios beneficia sobre todo ás grandes superficies con capacidade para establecer uns horarios amplos que compiten dunha banda cos establecementos pequenos con plantillas reducidas que non poden asumir tal carga de traballo. E doutra banda poden tamén provocar un efecto chamada aos consumidores contrario ao decreto que reduce ao mínimo a saída dos domicilios para reducir a exposición externa” declaran dende Esquerda Unida.

“Esta cuestión horaria toma maior relevancia agora que nos achegamos a unhas datas clave para garantir o máximo nivel de confinamento, tal como traslada o goberno central, coincidindo cos días festivos de semana santa, e garantir así tamén o descanso do persoal que leva semanas facendo posible o noso abastecemento alimentario” asegura a formación galega.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.