Inés Rey: A Domus é parte do que nos define como cidade”

A alcaldesa recorda no 25 aniversario deste museo o papel que tivo Núñez Centella en convertelo no primeiro de carácter científico e interactivo dedicado ao ser humano A Domus proponlles ás e aos coruñeses que acheguen fotografías vinculadas co edificio de Arata Isozaki, así como lembranzas ou debuxos dos seus contidos e as experiencias que viviron nel

O director dos Museos Científicos, Marcos Pérez, sinalou que nestes 25 anos, “a Domus ensinounos de que estamos feitos, como funciona o noso corpo, como nos relacionamos coa contorna e por que somos intelixentes”. O responsable engadiu que en todo este tempo, “o centro amosoulles ás persoas visitantes que se chegamos aquí é por sermos seres sociais e porque, como tal, podémonos enfrontar xuntos ás dificultades. Hoxe, a ciencia dános unha ferramenta moi poderosa para buscarmos un futuro mellor”.

Para celebrar a efeméride, a Domus proponlle á veciñanza que achegue fotografías vinculadas co museo e anímaa a que, nestes días de confinamento, comparta as súas lembranzas ou realice debuxos inspirados nas súas experiencias baseándose na idea de que a participación do público é a que lle dá sentido a este museo que cumpre hoxe o seu 25 aniversario.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.