Jose Manuel Balseiro: “Lara Mendez fai uso político de un erro involuntario, en vez de traballar pola cidadanía”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, amosou a súa sorpresa pola reacción da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na que cuestiona a idoneidade do material de protección contra a coronavirus remitido pola administración autonómica (mascarillas, luvas, traxes entre outros) aproveitándose dunha incidencia detectada nunha pequena parte dese material que a Xunta comprometíase a substituir de inmediato.

O delegado lamenta que a alcaldesa pretenda facer un uso político dunha cuestión menor, e inmediatamente corrixible, tal e como se lle comunicou tanto telefónicamente como por escrito á concelleira de Benestar, Olga López. De feito o Concello de Lugo tiña no seu poder unha petición da Xunta para que revisase o material recibido, ante a posibilidade de que unha pequena parte das mascarillas FFPP-2 remitidas tiveran superado a sua vida útil. Este erro totalmente involuntario, foi debido a que unha mínima parte destes stocks procede de aportacións privadas. Nese caso a Xunta comprometíase á súa substitución inmediata.
A sorpresa vén dada en que a concelleira asegura, tamén por escrito, que non puido revisar ese material pero que se compromete a facelo no dia de mañá e a facer chegar á Xunta se advirte calquera incidencia, e mentres tanto a alcaldesa acude aos medios de comunicación a desvirtuar e restar valor o apoio da Xunta e a aproveitarse dun erro corrixible e involuntario.
O que pretendía a Xunta era axudar ao Concello de Lugo e, ao seu persoal municipal, que en días pasados demandaba máis equipos e medios de protección, e o que recibe a Xunta é un uso político dun erro subsanable, e que nós mesmos lle advertimos, demostrando que a alcaldesa importadle moi pouco o estado do material e que o único que lle obsesiona é confrontar coa Xunta, incluso cando estamos pasando por unha situación de crise sanitaria onde todas as Administracións o que teñen que facer é cooperar, como de feito sempre quxo facer a Xunta de boa fe.
Correo remitido á concelleira de Servizos Sociais advertindo da possibilidade de erro no material recibido e do compromiso de corrección inmediata
Para: “olga lopez” <xxx@lugo.gal>
Enviados: Jueves, 2 de Abril 2020 21:12:04
Asunto: Incidencia envios EPIs e substitución inmediata
Boa noite,
Como lle expliquei na conversa telefónica previa, no envío realizado de material EPI detectouse  que unha parte (correspondente en principio ao envío de mascarillas FPP2) podería ser material que superou a súa vida útil. Este erro foi totalmente involuntario, e é debido a que unha mínima parte destes stocks procede de aportacións privadas. Se tiveran detectado o envío deste material, pregamos nolo fagan saber, para proceder á súasubstitución inmediata.
Agradecéndolle a súa comprensión e reiterándolle as desculpas,
Reciba un cordial saúdo.
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
De: Olga Lopez Racamonde <xxxxx@lugo.gal>
Fecha: 2 de abril de 2020, 21:14:15 CEST
Para: ” <xxxxx@xunta.gal>
Asunto: Re:  Incidencia envios EPIs e substitución inmediata
Boas  noites,
Maña reviso o recepcionado e  xa lles informo.
gracias
Concelleira Delegada de Benestar Social, Inclusión e Terceira Idade
Concello de Lugo
 Tlfno.: xxx
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla 197
27002 Lugo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.