Localizado á altura de Arbo un corpo que podería corresponder ao mozo que caeu ao río Miño en Melgaço

O corpo sen vida foi atopado este martes na marxe portuguesa do río Miño ao seu paso por Arbo

A Axencia Galega de Emerxencias desactivou o protocolo de cooperación transfronteiriza ARIEM 112, un proxecto europeo que facilita a coordinación das emerxencias entre Galicia, Castela e León e o norte de Portugal, despois de que fose localizado un cadáver que podería corresponder ao mozo que caeu ao río Miño na localidade portuguesa de Melgaço o pasado 31 de marzo.

O corpo sen vida foi atopado esta mañá polos servizos de emerxencia na marxe portuguesa do río en fronte de Arbo, ao redor das 12:30 horas.

O 112 Galicia recibiu o pasado 31 de marzo a chamada dun compañeiro da vítima que pedía axuda para localizar a un mozo desaparecido no río, na beira de Remoães, en Melgaço.

A partir de aí participaron na súa búsqueda tanto medios portugueses como españois, entre eles a Garda Civil, o helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia e a Comandancia Naval de Tui.

Foto: Concello de Arbo (arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 + 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.