Lugo aproba a continuación do plan de calmado de tráfico nos centros escolares

“Realizaranse novos pasos de peóns elevados no entorno dos colexios Rosalía, Illa Verde e Paradai, e no instituto da Piringalla”, indicou Rubén Arroxo. Aprobouse tamén o asfaltado do auditorio Gustavo Freire e a ampliación do Cemiterio

A Xunta de Goberno realizada no día de hoxe aprobou a continuación do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que está a realizar a área de Mobilidade e Infraestruturas. O Tenente de Alcalde e responsábel da área, Rubén Arroxo, indicou que se realizarán novos pasos elevados “no entorno dos colexios Rosalía, Illa Verde e Paradai, ademais do instituto da Piringalla”.

A área de Mobilidade e Infraestruturas investirá 67.639€ para a realización destes pasos de peóns, que terán un prazo de realización de 8 semanas. Ademais de mellorar a seguridade no acceso aos centros educativos a colocación destes pasos de cebra elevado servirá para “avanzar no calmado do tráfico” nas zonas onde se instalen. Arroxo sinalou que “traballamos para complementar as medidas que xa se están implantando dende a propia Dirección Xeral de Tráfico e que van encamiñadas a cidades con tráficos calmados e cun menor número de vehículos a motor circulando”.

A Xunta de Goberno aprobou tamén a contratación da ampliación do Cemiterio Municipal, cun orzamento de 372.419€ e un prazo de realización de 6 meses, e o asfaltado do entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire cun orzamento de 56.144€ e un mes de prazo de execución.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.