Lugo habilita un procedemento especial para a obtención dos certificados de empadroamento

A solicitude farase de maneira telemática, mediante videochamada

Dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza vense de habilitar un procedemento especial para obter os certificados de empadroamento precisos para solicitar as axudas previstas no Real Decreto 8/2020.

Para solicitar o certificado, as persoas interesadas deberán contactar por correo electrónico co servizo de Padrón municipal, enviando un correo ao enderezo padron@concellodelugo.com,  indicando no asunto solicitude certificado empadroamento especial COVID-19. No correo deberán adxuntar o modelo de solicitude que se atopa na páxina web do Concello.

Dende o servizo de padrón realizarase unha videochamada coa persoa interesada, na que se lle pedirá que mostre á cámara o seu documento de identidade e os das persoas que figuran na súa inscrición padroal, e o libro da familia no caso de estar inscritos menores. Unha vez verificada a identidade, remitirase o certificado de empadroamento por correo electrónico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.