Lugo habilita zonas de xogo nas rúas

Rubén Arroxo: “trátase de zonas de xogo pensadas para avanzar co paseo e non para deterse nelas”. Colocaranse 60 puntos de xogo repartidos en 6 zonas distintas da cidade

A área de Mobilidade e Infraestruturas habilitará durante os vindeiros días zonas de xogo pintadas nas beirarrúas para as saídas das nenas e nenos. Segundo declarou o tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, “trátase de zonas de xogo en movemento, pensadas para xogar co avance do paseo, e non para deterse nelas”. O proxecto está deseñado e dirixido polo gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García.

“Desde a área de Mobilidade queremos que as nenas e nenos de Lugo poidan desfrutar das saídas á rúa con xogos que poidan fluír cos paseos e eviten as masificacións”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “queremos que sintan o concello como propio, por iso botamos a andar esta iniciativa malia estar pechados os espazos de lecer”. Rubén Arroxo declarou que “estas zonas realizaranse en todos os barrios da cidade para que todas as nenas e nenos teñan a oportunidade de desfrutar de xogos na rúa nesta situación atípica”

A área de Mobilidade comezará a habilitar a partir deste mércores zonas de xogo por toda a cidade, exceptuando a zona Pepri e as zonas onde o pavimento sexa de pedra por respecto ao patrimonio. Rubén Arroxo declarou que se utilizarán pinturas de duración limitada para que, unha vez se retorne á normalidade, o aspecto das rúas volva ser o habitual.

Proxecto Tecendo Brincadeiras

Baixo o nome de Tecendo Brincadeiras, a área de Mobilidade e Infraestruturas xunto co gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García propoñen achegar espazos interactivos que permitan ás nenas e nenos desfrutar das saídas á rúa creando espazos lúdicos que permitan xogar en igualdade e sacar o máximo rendemento dos paseos no exterior.

A poboación intantil atópase nunha situación moi limitante, pois os espazos adaptados para o xogo no exterior estarán prohibidos para eles desencadeando, en moitos casos, frustracións e outras emocións negativas ao resultar de difícil comprensión o panorama actual. Así mesmo o clima existente no exterior non é o máis idóneo para nenas e nenos onde se enfrontaran a unha realidade moi distinta dende que o confi­namento comezou, rúas desertas, tendas pechadas, persoas provistas de medios de prevención como máscaras, etc., fan que poida xerar un impacto emocional difícil de xestionar.

Tecendo Brincadeiras pretende aportar unha mirada distinta, favorecer que as nenas e nenos atopen espazos lúdicos nos que xogar e desfrutar ao mesmo que se evaden por un tempo, dunha difícil realidade. Ademais promover a creación destes espazos fomentando o acceso igualiatario onde todas as familias, independentemente dos seus recursos poidan desfrutar da saída a rúa nas mesmas condicións.

Tecendo Brincadeiras propón xogos pensados para cubrir toda a poboación infantil, un primeiro grupo para idades entre dous e tres anos, e outro grupo de maior complexidade para motivar a nenas e nenos dende os cinco seis anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.