Marea Veciñal de Touro propon un plan de emerxencia social

Dende a Marea Veciñal de Touro piden que a situación existente xerada polo Covid19 precisa de actuacións urxentes por parte da administración local. Creen que o Concello de Touro ten que modificar os criterios de investimento e gasto que derivaron no Orzamento 2020, focalizándoos dende xa (e priorizando) a ATENCIÓN SOCIAL Á VECIÑANZA; é necesario mobilizar recursos nesta dirección. 

A Marea pensa que o orzamento 2020 vixente non vale para a situación social que se nos presenta no inmediato e curto prazo.
UN.-
Como medida inmediata, propoñemos a liberación (posta a disposición mediante MODIFICACIÓNS DE CRÉDITO do Orzamento) de 35.000 euros para executar un PLAN de EMERXENCIA SOCIAL inical. Estes recursos serán posibles aplicando unha redución do 35% nos salarios do Alcalde e da Concelleira de Educación e Deporte con dedicación. Este Plan de Emerxencia Social (inicial) pivota sobre 3 medidas:
1.- BONOS DE EMERXENCIA (DE ATÉ 200€/MES), para canxear en alimentación, medicamentos, aluguer de vivenda, electricidade…. a persoas con poucos ingresos. A poñer en marcha con urxencia.
2.- RENDA BÁSICA MUNICIPAL. Articular as bases para implantar unha renda básica municipal que garanta uns ingresos mínimos para aquelas persoas que non teñen ningún ingreso.
3.- Acabar co FENDA DIXITAL (INTERNET PARA O NOSO ESTUDANTADO), mediante:
– Bonos para cubrir os gastos derivados da cota de internet, a alumnos/as de ensino obrigatorio, FP e universidade, que formen parte de unidades familiares que acrediten baixos ingresos.
– Compra de ordenadores portátiles para alumnado de familias sen ingresos ou perceptoras de RISGA/equivalente.
(Compre lembrar que as medidas anunciadas pola Xunta non cobren ao alumnado de infantil e primaria, integran a un máximo de 3 alumnos/as e son de curta duración; non dando solución aos problemas de moita da nosa veciñanza).
DOUS.-
Habilitar un servizo de asesoramento individualizado á veciñanza para tramitar axudas complementarias doutras administracións (autónomos, parados, empregados/as do fogar, ERTE…)
TRES.-
Medidas de apoio a GANDEIROS e AGRICULTORES:
1.- Facilitar CANLES CURTAS DE COMERCIALIZACIÓN PRODUTOR-CONSUMIDOR. Poñer a disposición deste sector os medios do concello para facer posible o reparto dos produtos; elaborar unha listaxe dos produtores locais que se queiran adherir a esta iniciativa e darlle publicidade mediante  un bando informativo e a páxina web do concello.
2.- FACILITAR os TRÁMITES PARA REDUCIR O RECIBO DO IBI DAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS/AGRÍCOLAS nun 95%. Facilitar os trámites para que a veciñanza se poida acoller á rebaixa, continuando a liña de traballo iniciada pola marea veciñal que levou a que decenas de veciñ@s conten xa este ano co aforro correspondente no recibo da contribución.
CATRO.-
APOIO Á HOSTELERÍA e COMERCIO XERAL que tivo que pechar:
1.- BONIFICACIÓN DO 100% do recibo anual do IBI do establecemento.
2.- Bonificación da taxa do lixo.
3.- Habilitar ASESORAMENTO especializado para tramitar outras axudas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.