Marín inicia a campaña de limpeza e desbroce no rural

Os operarios da Fundación Juan XXIII xa iniciaron os traballos a pé, que se complementarán co labor dun tractor desbrozador naqueles camiños e pistas que unen as diversas parroquias e lugares. Na web pode consultarse o cronograma por zonas

Coa chegada da primavera, o Concello inicia unha nova campaña de limpeza e desbroce dos viarios do rural, para cuxa execución contarase cunha brigada da Fundación Juan XXIII. O seu labor, que se centrará nos camiños e viarios estreitos, será complementado cun tractor desbrozador do Concello.

O desbroce manual xa comezou a finais da semana pasada, namentres que o traballo do tractor comezará a finais de maio e estará destinado á limpeza das estradas e pistas que unen parroquias e lugares cun alcance de 80 quilómetros.

Segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, “a planificación dos traballos responde a criterios de necesidade”, que este ano estarán en todo momento suxeitos ás recomendacións e indicacións das autoridades sanitarias, por mor da crise pandémica do coronavirus.

Se pode consultar de xeito concreto o mapa coas zonas de desbroce por cada mes.

Contando coa colaboración da Fundación Juan XXIII, o Concello segue traballando na inclusión das persoas con discapacidade, mostrando “porta a porta” aos veciños de Marín as capacidades deste colectivo de poboación. “Deste xeito, coa calidade do traballo que levan a cabo e coa visibilidade que lles ofrecemos como traballadores, en Marín está a mudar a visión das discapacidade”, asegura Novas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.