Marín recibe cerca de 900 pantallas protectoras grazas á Plataforma Galicia-EscudoCovid19

O Concello agradeceu esta colaboración altruísta, coordinada pola Uvigo e por Asime, que vén a reforzar o stock de material de prevención co que xa conta o municipio

A Plataforma Galicia-EscudoCovid 2019, coordinada pola Universidade de Vigo e por Asime, realizou entrega ao Concello de Marín de cerca de 900 pantallas protectoras, que veñen a reforzar os fondos de material de prevención que ten o municipio para distribuír entre aqueles servizos esenciais municipais que o precisen.

O tenente alcalde, Manuel Santos, quixo facer público “o enorme agradecemento do Concello por esta doazón a todas as persoas implicadas”. Santos recolleu o material na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Por outra banda, segue funcionando a pleno rendemento a campaña de voluntariado coordinada polo Concello para a confección de mascarillas artesanais, que a medida que se vaian realizando e desinfectando, serán repartidas entre as farmacias da vila, que, á súa vez, irán distribuíndo as unidades entre a cidadanía, dándolle prioridade aos grupos de risco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.