Nadal. Por @DulceCorcu

O tenista Rafa Nadal é un heroe estatal á altura de Amancio Ortega. Os dous manéxanse en ámbitos moi distintos, pero son aclamados e reverenciados polo seu tributo a España con case idéntica entrega. Tamén quizais cos mesmos detractores, considerados inimigos da Patria e vilipendiados en canto hai ocasión. Son as dúas españas que nunca deixaron de convivir, nin levan camiño de facelo nas vindeiras xeracións.

Nadal é protagonista estes días por unhas declaracións durante un directo na súa conta de Instagram, laiándose de que na súa casa de Manacor non ten cancha de tenis e leva tempo sen xogar, aínda que afortunadamente si pode exercitarse no seu ximnasio particular.  Engade que habendo xente que vai traballar o seu é un choio onde as distancias de seguridade son considerables, por máis que non abundou no tema dos recollepelotas que, ademais da boliña, recollen os seus fluídos sudoríparos. Quen sabe se podemos considerar que se achegue á silla e procurarse a toalla polos seus propios medios. Tampouco explicou como facerse cas pelotas sen intermediario, se correría tras delas estando xa rematada a xogada ou caerían do ceo sen máis intervención que a divina, que iso non contaxia nada como todos sabemos. O tenis por suposto que é un traballo esencial coma o sanitario, alimentación e resto de empregos que agora mesmo son os que están postos en marcha. Que mal pode facer coller un avión privado para desprazarse, que riscos entraña alugar unha “suite” onde non se ten contacto nin co servizo, que farán o seu traballo silenciosos e discretos, como han de ser sempre os empregados dos ricos. Enténdese perfectamente que Nadal se sinta un auténtico incomprendido.
Estar confinados lévase mal en todos os estratos da sociedade. A pobre (presentadora ou similar) Pilar Rubio tivo que tinguirse o pelo na casa e non quedou satisfeita co resultado. O alcalde de Badalona bebíu ata perder o control, como cantaban “Los Secretos”, pero ao volante.  E Pablo Casado, líder do PP, faise fotos con cara compunxida no cuarto de baño. En branco e negro para que, pese a estarmos no século XXI, nunca deixemos de ubicalo nesa outra época máis antiga e rancia á que realmente pertence. O mundo vive a pandemia nunca vista do coronavirus….a outra, a da ilimitada estupidez humana, volve cada ano e non hai vacina á vista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.