O alcalde de Touro, Ignacio Codesido aproveita o estado de alarma para facer sesións fotográficas

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido aproveita o estado de alarma para facer sesións fotográficas. Na foto aparecen con él cargos da xunta e un veciño amigo do alcalde (sen cargo político) que se salta o confinamento para sair na foto, incumplindo o Decreto vixente e expoñéndose a sancións.

Dende a marea veciñal amósanse perplexos ante este tipo de comportamentos, e invitan ó alcalde a que denuncie a este cidadán ante as autoridades xa que a lei é para todos igual. É intolerable que mentras a poboación está confinada nos seus domicilios, o alcalde ande paseando cos seus amigos polas parroquias saltándose a lei.
O principal partido da oposición tamén denuncia que o rexedor local ten secuestrado o concello xa que dende fai máis de dous meses non respondeu ás múltiples propostas que fixo o colectivo veciñal para aprobar propostas que acaben coa fenda dixital ou situacións de vulnerabilidade derivadas da crise sanitaria e económica que está a provocar o coronavirus, deixando abandonada a boa parte da veciña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.