O Concello de Arbo adquire máscaras protectoras que repartiu entre os traballadoras de Axuda no Fogar, Servizos Socias e persoal de servizos varios

A distribución de pantallas protectoras para previr o contaxio do coronavirus xa chegou aos establecementos comerciais que permanecen abertos en Arbo, tamén ao persoal sanitario do centro de saúde, correos, garda civil, persoal municipal e taxistas para prover a eses colectivos que teñen a obriga de prestar servizos considerados esenciais.

O reparto aos comerciantes foi realizado polo alcalde, Horacio Gil, que quixo coñecer en primeira persoa como viven os comerciantes este momento tan duro para todos, pero especialmente para eles que teñen que estar en continuo contacto con a cidadanía – informa o rexedor. Nestes momentos ante o aumento da demanda de material de protección e das dificultades para conseguir cubrir as necesidades existentes, o Concello quere colaborar na protección de todos os veciños e veciñas, do persoal dos comercios, do persoal municipal, dos técnicos do 061… posto que son os que máis expostos están  neste momento – remata o alcalde Horacio Gil

OUTRAS MEDIDAS CONTRA O CORONAVIRUS

O Concello segue coa desinfección semanal de todas as parroquias, co servizo de taxis gratuíto, a atención aos colectivos vulnerables as 24 horas, limpeza de contedores e desinfección de vehículos e locais municipais, entre outras.

O Concello de Arbo tamén repartiu o  material educativo primaria despois das conversas mantidas coa dirección do CEIP Antonio Carpintero,.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.