O Concello de Arbo ofrece servizo de desinfección gratuita para os taxis

O Concello de Arbo, contrataba a pasada semana a unha empresa especializada para a desinfección con ozono para os vehículos municipais, o camión do lixo e os taxis de Arbo.

O Concello de Arbo puxo a disposición dos servizos publicos a desinfección con ozono dos taxis, para todos aqueles condutores do servizo, como unha medida de prevención de contaxio do COVID-19

O ozono é clave para loitar contra o  COVID-19 porque é un desinfectante natural que elimina virus, fungos e bacterias.

Dende o Concello de Arbo, estase facendo un plan de loita contra o coronavirus, repartindo pantallas protectoras, xel, luvas… entre todos os colectivos e o comercio local, que teñen que permanecer o público, cun seguimento a todos os sectores.

Con este servizo de desinfección, garántese a mobilidade de todos os veciños e veciñas de Arbo, de forma segura en taxis e dende o goberno queremos seguir axudando aos que están todos os días nesa primeira ou segunda liña de loita contra o coronavirus – manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil. Seguiremos traballando pouco a pouco e poñendo todo o noso esforzo en  axudar a todos os colectivos e ao comercio local para así entre todos superar esta crise sanitaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.