O Concello de Lugo confirma que no rexistro non hai colapso “porque as solicitudes preséntanse telemáticamente e duplicouse o número de persoas na atención”

A edil de Participación e Servizos para a cidadanía sinalou que “é certo que existe un elevado número de solicitudes para as axudas que se convocaron dende o concello pero sabiamos que ía ser así e estanse xestionando todas”

O servizo de rexistro duplicou o número de traballadoras para atender as solicitudes que se están recibindo e, segundo explicou a edil responsable “a tramitación estase facendo metodicamente, ademais non existe colapso por que as solicitudes entran por vía telemática de xeito que non se están provocando molestias ás persoas que queren rexistrar calquera tipo de documento”.

“Sabiamos que íamos recibir un elevado número de solicitudes relacionadas coa liña axudas que se promoveu dende o concello, puxemos os medios para atendelas e as solicitudes estanse tramitando” concluíu Cristina López.

Cristina López sinalou que “o servizo de cita previa, a través do 010, está funcionando perfectamente e todas as persoas que solicitan ser atendidas no rexistro están sendo citadas con fluidez e sen retrasos”. Dende o goberno municipal explicouse que “todas as solicitudes presentadas están sendo atendidas e vanse xestionar dende os diferentes servizos municipais”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.