O Concello de Ourense aboaralles o equivalente a sete cotas aos autónomos, comercio local e pequenas empresas

As bases para acceder ás axudas comunicaranse a finais do presente mes coa intención de facelas efectivas en xuño

O Concello aboaralles o pago de sete cotas aos autónomos ourensáns, correspondentes aos meses de xuño a decembro de 2020, ambos incluídos, para axudar mitigar os “graves prexuízos logo do cesamento da súa actividade”, segundo anunciou esta mesma mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. É unha das medidas que pretenden paliar os efectos negativos pola situación de alarma decretada polo virus COVID-19, despois de que se tomase a decisión de destinar 20 millóns de euros das arcas municipais. “Queremos asumir un compromiso de responsabilidade e solidariedade cos autónomos, o pequeno comercio e as pemes ourensás”, sentencia o rexedor.

A finais do presente mes, adianta Pérez Jácome, comunicaranse de forma oficial as bases para poder acceder a estas axudas directas, que rondarán os 2.000 euros para cada un dos afectados, que unicamente deberán encher un formulario e presentar a documentación requirida. “Aínda que queiramos que sexa o máis rápido posible, o procedemento burocrático impide que se poidan facer efectivas as axudas até o mes de xuño”, afirma o alcalde, quen recoñece que se debe seguir unha tramitación “marcada polo procedemento administrativo” para dispoñer deses fondos. Entre outros, levalos a pleno, previsiblemente no mes de maio.

Outra das cuestións ás que fai alusión o alcalde Gonzalo Jácome, é que esta axuda é compatible con calquera outra que poidan implantar outras administracións, polo que todas aquelas persoas que cumpran os requisitos das bases poderán recibilas. Así mesmo, considera que se poden facer extensibles a outras profesións liberais, “sempre que cumpran os requisitos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.