O Concello de Ourense reforza os orzamentos de emerxencia social cunha transferencia de 1 millón de euros

O Concello de Ourense reforza os orzamentos para atender situacións de emerxencia social cunha transferencia de 1 millón de euros. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Política Social, Saúde e Igualdade, Eugenia Díaz Abella.

Esta dotación, sinalou, é consecuencia da vontade do Concello de Ourense de “estar a carón de quen máis o necesita” e servirá para “ir reparando as situacións que se nos presentan todos os días” nas áreas de Política Social, unha das áreas municipais que están máis directamente afectadas pola situación derivada da pandemia da COVID9.

Neste senso, lembra que os orzamentos do Concello para o ano 2020, que se presentarán o día 30 a aprobación definitiva por parte do Pleno, incrementan a dotación das partidas destinadas a emerxencia social.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.