O Grupo Municipal do BNG doarán parte do seu salario do mes de abril a colectivos sociais

Os  5 edís, que forman, parte do goberno municipal no concello de Lugo, súmanse ás iniciativas do grupo do BNG no Parlamento Galego e do representante do Bloque nas cortes do Estado

Os cinco concelleiros e concelleiras que integrando grupo municipal do BNG, seguindo as accións do Grupo Parlamentar e do deputado do BNG no congreso do Estado, doarán unha parte do seu salario do mes de abril a entidades que traballan con colectivos que se atopan nunha situación de risco dada a situación social.

“Como organización non cremos neste tipo de medidas, mais hai colectivos que están nunha situación de emerxencia extrema e que precisan de toda a axuda posíbel” explicou Rubén Arroxo, que engadiu “este tipo de xestos non substitúen o papel que deben executar as administracións”.

Segundo Rubén Arroxo, “para saír desta crise débense reforzar as políticas en servizos e protección social ante os recortes aos que se viron enfrontadas nos últimos anos”.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos + 15 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.