O Mirabel do Rosal en primeira línea de batalla cos sanitarios

A empresa agraria Mirabel Do Rosal  doa unha partida dos seus produtos transformados do mirabel marca Alén Do Val, para axudar a cubrir as necesidades extraordinarias do persoal sanitario da área de Vigo durante a emerxencia sanitaria provocada polo Covid-19, e ao mesmo tempo, recoñecer a humanidade e o gran traballo desenvolvido por este persoal para intentar superar esta situación tan difícil que está a acontecer.

Trátase dunha partida composta por mirabeis en almíbar, marmelada de mirabel, doce de mirabel e snacks de mirabel, que polo momento xa chegaron hasta a unidade de Urxencias, UCI e plantas de Covid do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Con esta medida preténdese colaborar cos profesionais sanitarios que están pasando por un momento del alto estrés no traballo, e facilitar así, que poidan consumir alimentos de alta calidade, procedentes da transformación dunha froita local, con alto aporte enerxético e nutricional e de produción ecolóxica. Dende a empresa confírmase un total apoio ao sector sanitario, un sector que está en primeira liña desta crise traballando arreo para dar o mellor servizo e apoiando aos cidadáns ante esta situación extrema.

Mirabel Do Rosal segue traballando no coidado das árbores de mirabel para que na próxima temporada poidamos desfrutar de esta exquisita froita galega gourmet,  e ao mesmo tempo, entregando nos puntos de venda os produtos transformados marca Alén Do Val para que estean a disposición dos consumidores que buscan alimentos ecolóxicos e de calidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.