O Plan de Choque Social Galiza é unha iniciativa que agrupa a colectivos galegos de ámbitos moi diversos, sociais, feministas, ecoloxistas e sindicais

Coa fin de deseñar e implementar un plan de choque que recupere e mellore as condicións de vida de toda a xente e en especial das persoas que antes da pandemia do Covid19 loitaban por sobrevivir e que agora son as máis desprotexidas.

A aplicación destas medidas esixe da intervención e cooperación de todas as administracións: estatal, autonómica e local.

  1. Esiximos reforzar a sanidade pública mediante a disposición de máis medios materiais e humanos e o fortalecer o coidado das persoas maiores cun sistema público de residencias que integre os centros que agora están en mans privadas.
  2. Pedímoslle á Xunta e aos Concellos a aposta por un parque de vivenda pública para alugueiro social e un incremento das axudas para o pago do aluguer daquelas persoas vulnerables ante a crise.
  3. No eido laboral, demandamos o control da correcta incorporación ao traballo de todas as persoas afectadas por ERTE logo da incorporación do persoal aos seus postos de traballo e a creación a nivel galego dun plan de emprego que afronte as necesidades das persoas desempregadas.
  4. Activación urxente por parte da Xunta dunha renda mínima inmediata para quen perdera os ingresos e non perciba ningunha prestación, en tanto en canto non se estableza a renda social básica universal, que ten que ser o obxetivo central.
  5. No ámbito da loita contra as violencias machistas, chamamos a impulsar unha “Rede Veciñal” para axudar as vítimas de violencia machista, homófoba ou tránsfoba que se atopan confinadas cos seus maltratadores.
  6. Asímesmo, pídese á Xunta que apoie aos pequenos agricultores e aos mercados locais que venden productos ecolóxicos, permitindo a reanudación das súas vendas.
  7. Tamén unha aposta decidida por axudar aos autónomos no pago das cotizacións e dos alugueiros de locais.
  8. No que refire ás persoas migrantes, pidese a regularización exprés, a homologación inmediata da súas títulacións nos paises de orixe e a incorporación de forma regular ao servizo público de saúde.
  9. No terreo da mobilidade, apostamos por promover a mobilidade activa, inclusiva e social, polo que solicitamos o establecemento de corredores ciclistas para o desprazamento das persoas e para garantir a protección da saúde.
  10. Por último, no referente á presión fiscal demandase a eliminación dos beneficios a grandes patrimonios no imposto de sucesións.

En suma, búscase un rescate social a nivel galego para evitar as consecuencias sociais, ambientais e de xénero da crise, integrando as demandas sectorais de movementos e colectivos moi diversos. Os colectivos que integran o Plan de Choque Social galego son: Sindicato Labrego Galego, CUT, CGT Vigo, SOS Racismo Galicia, Verdegaia, Ecoloxistas en Acción Galiza, Fridays For Future Coruña, Fridays For Future Vigo, Amigos da Terra, Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra, Movemento feminista Unitario de Vigo, Movemento Feminista de Arteixo, Verdegaia, ANEGA, Renda Básica A Coruña,, Grupos de Apoio Mutuo Coruña, Aula Castelao, Oficina de Dereitos Sociais de Vigo, Nais polo Clima, Maternidades Feministas Compostela, Anova, Anticapitalistas Galiza, Marea Atlántica e CRT.

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.