O servizo gratuito de taxis de Arbo, un exemplo en tempos de confinamento

O Concello de Arbo ofrece dende o pasado mes de marzo o servizo gratuito de taxis para os arbenses que o precisen

Unha vez decretado o Estado de Alarma polo goberno do Estado dende o 14 de marzo ata o 11 de abril de 2020, e para dar cumprimento por parte do Concello de Arbo a Atención Domiciliaria que xurde ante a crisis polo coronavirus e facilitar aos colectivos máis vulnerables, como son as persoas maiores, o Concello de Arbo puxo en Marcha o Servizo de Taxis Gratuito para aqueles que o precisen.

Para as persoas de máis de 70 anos ou que se atopen nunha especial situación de vulnerabilidade, por resolución da alcaldía procedeuse a comunicar a todos/as os/as taxistas de Arbo  que esten dispoñibles de maneira GRATUITA, para  realizarlles a compra nos supermercados máis cercanos e nas farmacias do Concello e levarllo as súa vivendas.

Os gatos ocasionados polo servizo de taxis serán asumidos polo Concello de Arbo, con cargo aos seus orzamentos

“Somos conscientes do esforzo que supón para todos e todas o mantemento de duras medidas que seguen a condicionar de maneira extraordinaria o noso día a día. Este esforzo sigue a ser hoxe máis necesario ca nunca, especialmente, polas persoas máis vulnerables, polos nosos maiores. Eles construíron o Arbo que coñecemos e desfrutamos, superando tempos moi difíciles, adversidades e traballando arreo, con escasos recursos e pasando moitas necesidades”, manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil. E así o reflexou no comunicado trasmitido aos  veciños e veciñas de Arbo. “Hoxe, cando deberían estar desfrutando do merecido descanso e de todo o conseguido, están a sufrir o ataque despiadado deste virus. É a nosa responsabilidade protexelos” rematou por decir Horacio Gil, que ademáis  pide que se leven a cabo as medidas aplicadas polas autoridades sanitarias, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.