Oitenta empresas da Área Empresarial do Tambre  solicitan á Xunta 116.000 máscarillas 

A Área Empresarial do Tambre acolleuse á oferta de adquisición de máscaras cirúrxicas que realizou a Xunta de Galicia a través do Centro de Coordinación Operativa (CECOP), polo prezo unitario de 36 céntimos de euro. Arredor de oitenta empresas fixeron pedimentos segundo o seu tamaño e necesidades que, en conxunto, suman 116.000 unidades que foron solicitadas hoxe a través da Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC), organización encargada para encauzar as demandas da provincia. A entidade sinala a “boa” resposta das empresas a esta iniciativa, así como que “se aproveiten” as canles establecidas das organizacións empresariais para “colaborar entre todos nesta situación de emerxencia e obter a mellor eficacia posible”, segundo precisa.

Por outra parte, a Área Empresarial do Tambre, que preside José F. Alborés, xa chegou a un acordo co Banco Sabadell para ofrecer liquidez aos seus asociados en boas condicións. A entidade financeira dotou un fondo con un millón e medio de euros e deseñou unha oferta personalizada a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), pola que os autónomos poden solicitar ata 30.000 euros e as sociedades grandes, cun certo nivel de facturación, ata medio millón, sen intervención notarial nos dous casos.

Acordo co Banco Sabadell dunha liña de financiamento dotada con un millón e medio de euros para os asociados

O Tambre traballa na definición de novas liñas de axuda para os seus asociados, arredor de catrocentos, como unha acción social co Banco de Alimentos. Alborés explica que será máis adiante cando se poña en marcha: “Temos que pensar nos efectos inmediatos da crise, pero tamén nas consecuencias que previsiblemente se vaian atisbando un pouco máis adiante. E aí tamén queremos estar coas empresas e os seus respectivos cadros de persoal e familias”.

Por outra parte, este luns a actividade na zona mantívose aproximadamente no 80%, cando se inicia a segunda semana de volta ao traballo dos sectores non esenciais.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.