Oleiros saca a concurso a corta de eucaliptos para repoboar os bosques con especies autóctonas

O Concello de Oleiros vai sacar a concurso público por 87.218 euros a talla de 4.165 metros cúbicos de eucaliptos e de 621 metros cúbicos de piñeiros. Os recursos empregaranse para a repoboación dos bosques de titularidade pública con especies autóctonas

“A través da nosa xestión urbanística fomos adquirindo para o Concello importantes zonas de bosque. Nalgúns casos hai un exceso de eucaliptos e imos cortalos para plantar outro tipo de árbores”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

O Concello vai publicar este contrato nos próximos días. Aquelas empresas madeiristas que desexen presentarse poderán facelo telematicamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.