Parques e Xardíns prevé que as zonas verdes de Pontevedra poidan estar como antes da declaración do estado de alarma no prazo de dúas semanas

Co obxectivo de que os nenos e nenas poidan dispoñer da zonas verdes de Pontevedra en perfectas condicións para o seu uso e desfrute, a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural intensificou nos últimos días as tarefas de acondicionamento destes espazos. O Servizo Municipal de Parques e Xardíns puxo en marcha un zafarrancho de segas e mellora de áreas de esparexemento co que se prevé acadar o estado normalizado de conservación previo á declaración do estado de alarma no prazo de dúas semanas.

A primeira destas intervencións levouse a cabo nas zonas verdes do contorno da Basílica de Santa María La Mayor, cuxos parterres quedaron en óptimas condicións despois de que os traballadores do departamento que dirixe Iván Puentes cortaran e limparan en profundidade o céspede (no que as herbas xa lucían unha altura considerable).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.