Pilar Neira, concelleira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, solicita a creación dun grupo de traballo para a recuperación do sector deportivo

A/A ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN DA LARACHA

Asunto: Solicitude de creación dun grupo de traballo para a recuperación do sector deportivo ante a situación creada pola crise do COVID-19.

Pilar Neira Martínez, concelleira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, e en nome de todos os seus integrantes e todo o PSdeG-PSOE da Laracha, ante o alcalde da Laracha, e como mellor proceda comparece e EXPÓN:

O COVID-19 está a ter un impacto dramático na comunidade deportiva, (clubs, persoas traballadoras, persoas afeccionadas e persoas que practican deporte) con ligas e competicións profesionais e amateurs canceladas, recolocadas e pospostas.

Promover e fomentar a práctica do deporte entre os/as veciños/as eleva o benestar e a calidade de vida dos mesmos debido aos efectos que achega, e non podemos tampouco, esquecer o papel que xogan as entidades deportivas como axentes da saúde pública.

Suspendidas as competicións, ao sector deportivo custaralle volver á normalidade.

A incerteza atrapa ao ámbito deportivo, hai inquietude ao redor do que poida ocorrer o próximo mes de setembro, porque as consecuencias do coronavirus presaxian un futuro incerto no ámbito do deporte.

O tecido deportivo, desde o club máis pequeno, que participa en competicións de carácter afeccionado, ao que o fai como profesional, ten confinadas as súas fontes de ingresos.

O deporte quedou sen actividade, sen gañadores sen récords e sen espectáculo, non o deixemos tamén sen diñeiro.

Por todo o anterior exposto SOLICITA:

  1. Que, de forma inmediata, se aborde conxuntamente Concello e representantes do tecido deportivo da Laracha o fin do confinamento e o xeito de levalo a cabo sexa de forma responsable e progresiva a desescalada do deporte no concello, buscando fórmulas para ir adaptando á maior brevidade posible a actividade deportiva de nenos e nenas, persoas maiores, homes, mulleres, … á situación
  2. Crear un grupo de traballo, no cal estaría integrado a concelleira de Deportes, un representante de cada formación política, un representante das entidades, asociacións, … para:
  • Intercambiar iniciativas cos responsables de xestionar e promover o
  • Identificar a situación actual e as necesidades do
  • Abordar estratexias para recuperar a capacidade operativa do ámbito da actividade física e do deporte da
  • Deseñar plans de futuro a corto, medio e longo prazo para os diferentes sectores
  • Dende a propia Concellería de Deportes desenrolar diferentes iniciativas para fomentar o hábito deportivo, manter a saúde e que todos/as os/as laracheses fagan exercicio físico.
  1. Evitar que a Concellería de Deportes, se vexa afectada por un recorte do seu orzamento para poder garantir a actividade deportiva (coas axudas a clubs, deportistas e persoas traballadoras) que constitúen a parte máis débil do sistema deportivo. Asegurar os salarios e as axudas comprometidas ao persoal contratado e aos clubs
  2. Coordinar coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación Provincial da Coruña un plan especial de axuda pública ao deporte larachés nas súas diversas e diferentes realidades, para que non quede ningún fóra.

A Laracha, 27 de abril de 2020

Asdo.: Pilar Neira Martínez

Concelleira do Grupo Municipal Socialista da Laracha

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DA LARACHA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.