Preparado o terceiro envío de máis de 7.000 unidades de material de protección contra o coronavirus ao Concello de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Administración autonómica realizará unha nova entrega de 3.500 guantes, 3.615 mascarillas e 58 traxes

A Xunta de Galicia fará esta semana un terceiro envío de material de protección contra o coronavirus ao concello de Lugo, ao que entregará 7.173 unidades de equipamento. En concreto, a entidade local recibirá 3.500 guantes, 3.500 mascarillas cirúrxicas, 115 mascarillas FFP2 e 58 traxes.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, lembrou que o Goberno galego xa fixera con anterioridade dous envíos de material á capital luguesa, que incluíron 10.845 mascarillas, 21.000 guantes e 173 traxes.

A Xunta ten entregado material a todos os concellos da provincia desde que comezou a crise sanitaria, segundo destacou Balseiro. Tamén apuntou que está previsto continuar con esta subministración periódica coa intención de dotar ás entidades locais do equipamento necesario para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus conten co material de protección que precisan.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Todo o material se distribúe directamente desde a plataforma loxística que puxo en marcha a Xunta para axilizar o proceso e centralizar a adquisición e reparto de equipos de protección.

Foto: Arquivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.