Proposta do BNG para que o Concello da Coruña dote á cidade de wifi gratuíto

Jorquera defende na Xunta de Portavoces que se garanta a execución íntegra das partidas do Orzamento 2020 destinadas ao sector cultural

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, propuxo este luns que o Goberno Local negocie con operadores de Internet para dotar a cidade de wifi gratuíto, a única forma de salvar a fenda dixital durante o confinamento.

A proposta fíxoa o voceiro nacionalista no curso da Xunta de Portavoces que se realizou esta mañá en María Pita e que tivo, máis unha vez, a crise da Covid-19 como asunto monográfico.

“A universalización da rede wifi é esencial para salvarmos a fenda dixital e para que efectivamente ninguén fique atrás, nomeadamente no acceso ao ensino”, argumenta Francisco Jorquera.

Na mesma reunión o portavoz nacionalista propuxo que se estabeleza unha quita do 100 por 100 para os alugueres das vivendas municipais durante no mínimo 4 meses ao tempo que tamén pediu que estea todo pronto para, unha vez que se levante a suspensión de prazos, se axilice a tramitación de convenios e subvencións ás entidades sociais.

O sector cultural tamén preocupa o BNG, daí que Jorquera demandase que se garanta, con reprogramacións se fixer falta, a execución das partidas que se lle destinan nos orzamentos municipais para 2020 -contas que a formación nacionalista ontribuíu a conformar.

Por último, o Bloque instou o Goberno Local a que medie perante o Sergas e Aparcisa, empresa concesionaria, para restituír a gratuídade do aparcamento do CHUAC para o pesoal deste hospital público.

Foto: Freepik

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.