Recursos para traballar e desfrutar sen saír da casa na web de Down Galicia

A Federación habilitou este apartado na súa web co obxectivo de reunir diferentes recursos nun só lugar para que calquera persoa poida utilizalos durante o confinamento

A Federación Down Galicia vén de lanzar un apartado na súa web para que públicos de todas as idades, con e sen discapacidade, conten con información e recursos variados para exercitar o corpo e a mente e poder divertirse durante o confinamento no que estamos inmersos por mor da crise sanitaria do COVID-19.

Deste xeito, calquera persoa que navegue pola páxina de Down Galicia poderá atopar nun mesmo lugar actividades para traballar desde a casa, xogos, contidos audiovisuais, contos, aplicacións web e móbiles de interese, enlaces directos a conferencias online, centos de ideas para levar a cabo no seu tempo de lecer e varias pautas e recomendacións para estes días que nos está tocando vivir.

Este espazo, ao que se lle deu o nome de “Recursos Down”, foi elaborado con materiais facilitados por entidades membro da Federación Down España, así como con material propio e outros enlaces web de interese.

Calquera persoa que o desexe pode acceder aos contidos, abertos e gratuítos, a través da web.

Servizos a distancia nas entidades Down

O pasado 13 de marzo, tendo en conta as recomendacións oficiais, todas as entidades Down suspenderon as actividades e servizos presenciais prestados ás persoas usuarias para intentar previr os contaxios.

Ante esta situación, os equipos profesionais de todas elas decidiron continuar prestando os servizos a distancia a través da modalidade do teletraballo.

Deste xeito, todas as entidades contan nestes momentos cun servizo de apoio e consulta telefónica e online, ao que calquera persoa usuaria ou familia pode dirixirse en caso de precisalo.

Así mesmo, os e as profesionais das distintas áreas que conforman o Servicio de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) das entidades ofrecen sesións e actividades a distancia a través de distintas plataformas e aplicacións.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.