Reunión de Esquerda Unida co sindicato nacional das CCOO e UGT Galicia para analizar a situación económica e laboral

Na tarde de onte, a Coordinadora Nacional de Esquerda Unida reuniuse coas direccións de CC.OO e UGT para facer unha valoración do impacto laboral e económico da crise do coronavirus en Galicia e comezar a traballar nas propostas para recuperar o tecido productivo

Desde Esquerda Unida trasladouse a preocupación ante a ausencia de medidas por parte da Xunta de Galicia para atender sectores con problemas inmediatos, como son o comercio e hostelería, a industria e os sectores primarios.

A formación política valorou moi negativamente a carencia de axudas complementarias por parte da Xunta de Galicia para persoas autónomas e PEMES, “quedando os anuncios do Partido Popular en materia de axudas en mera publicidade, xa que a día de hoxe seguen sen ter concreción”.

Por parte das centrais sindicais púxose énfase na necesidade de que á volta á actividade non prevaleza sobre a seguridade e saúde laboral, entendendo coma imprescindible que a administración autonómica actúe asegurando o suministro de EPIs. Tamén se fixo referencia á necesidade de que a Xunta complemente, tal e como se tiña comprometido, as axudas ás traballadoras e traballadores en situación de expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) e insistiuse na gravidade que supón que a administración autonómica siga sen facilitar os datos do número de expedientes de solicitude de ERTE tramitados en Galicia.

“Desde Esquerda Unida enténdese que é necesario traballar canto antes non só en medidas de urxencia, se non en solucións a medio e longo prazo para abordar a perda de empergo e o devalo da economía. Con este  motivo a organización continuará coa rolda de xuntanzas para deseñar propostas en materia laboral, baseadas no reforzamento da industria e sectores primarios, así como no amparo de PEMES e autónomas e sector público”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete − siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.