Solicitude para que as entidades bancarias de Viveiro preveñan os contaxios nos seus caixeiros automáticos

“A situaciòn de crise sanitaria provocada polo coronavirus que estamos a vivir obrigounos a todxs a adoptar e extremar as medidas de hixiene e limpeza entre outras, tanto no ámbito privado como público, para evitarmos o contaxio e preservar así a saúde das persoas”, declaran dende o BNG de Viveiro

Trala aprobación do decreto do Goberno do estado español, no que se detallaban as normas do estado de alarma, o Banco de España informaba de que as entidades bancarias garantirían o servizo a través das sucursais, caixeiros e sistemas por internet, como tamén pedían á clientela que empregasen a tecnoloxía para evitar o acceso ás oficinas. Tamén aseguraba e confirmaba o Banco de España, a plena operatividade das redes de caixeiros automáticos que permitirían a disposición de diñeiro en efectivo e o acceso a parte da operativa básica sen necesidade de acceder ao interior das sucursais.

Desde a data da declaración de Emerxencia Sanitaria en Galiza e a entrada en vigor do estado de alarma, puxéronse en marcha os protocolos de acceso as oficinas bancarias adoptándose medidas de limpeza recomendadas polas autoridades a fin de minimizar os riscos de contaxio, “sen embargo no BNG de Viveiro cremos que os caixeiros automáticos conteñen superficies potencialmente contaminadas e polo tanto de alto risco de contaxio e propagación do virus, ao seren espazos moi concurridos ao longo das 24 horas, e que non se extremaron as medidas de protección suficientes para minimizar o risco de contaxio”.

Por todo isto, desde o BNG viverense contactaron con cada unha das entidades bancarias de Viveiro, a fin de preservar, previr e garantir a saúde e seguridade dxs usuarixs, solicitándolles “un maior esforzo na prevención de contaxio nos caixeiros automáticos extremando as medidas e adoptando medidas de protección para previr a propagación do virus a través da instalación, por exemplo, de dispensadores de xel antibacterial, luvas, papel, ou calquera outro elemento de protección recomendado polas autoridades sanitarias”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.