UDC: “O 89% das conexións do ciberataque de hoxe ao Campus Virtual da Universidade da Coruña proceden só de dez ubicacións”

O Campus Virtual da Universidade da Coruña sufriu esta tarde un ciberataque, xa contido, cun incremento inusual de conexións dun 600% con respecto a un día normal.

Un pouco antes das 18:00 horas, o servizo do Campus Virtual (Moodle) da UDC comezou a rexistrar unha mobilidade extraordinaria, as conexións dos estudantes estaban a ser moi altas, un 250% con respecto ao mesmo día da semana anterior, pero a esa hora observouse un incremento esaxerado, do 600%, que provocou o colapso do sistema. Todos os datos dispoñibles apuntan a que esta caída foi provocada por un tipo de ataque informático automatizado (do tipo de denegación do servizo), no que se utilizou algunha botnet (conxunto de ordenadores sincronizados).

O número de conexións ao Campus Virtual realizadas desde países distintos a España pasou a ser dunhas poucas decenas nun día normal a máis de 125.000, chegando a supoñer máis do 60% das conexións totais. O 89% das conexións realizáronse desde as mesmas dez direccións IP (ubicacións). Polo menos, un mínimo do 30% das conexións realizouse desde redes de anonimización, que enmascaran a dirección IP real do ordenador de orixe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.