Unha persoa investigada polo incendio que afectou hai uns días a Pedrafita do Cebreiro

Trátase da oitava persoa investigada pola Policía Autonómica no marco da campaña contra incendios forestais do 2020. Esta mesma semana informouse das dilixencias por outro lume neste concello

Axentes da Policía Autonómica e axentes ambientais veñen de esclarecer un incendio que tivo lugar no concello lucense de Pedrafita do Cebreiro.

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Lugo e axentes ambientais do Distrito VII Fonsagrada-Os Ancares procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume forestal que se produciu o pasado 13 de marzo no lugar de Lousada, San Vicente, e que afectou a 0,3 hectáreas de superficie rasa.

O investigado decidiu eliminar vexetación para ampliar a zona de pastoreo incumprindo a normativa vixente: non dispoñía de autorización de queima e aplicou o lume directamente  no pé da matogueira. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia de Becerreá.

Este é o segundo incendio esclarecido esta semana no concello de Pedrafita. Esta mesma semana os axentes informaron das dilixencias por outro lume, que se producira o pasado 24 de marzo.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2020 foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica oito persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.