18 empresas presentan as súas ofertas para a sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas

A intervención busca incrementar a seguridade nos traxectos habituais dos ciclistas deportivos e está previsto que os traballos se inicien este mesmo verán

Un total de dezaoito empresas veñen de presentar as súas ofertas para acometer os traballos de sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas na rede de estradas autonómicas de titularidade da Xunta.

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade foi licitada por un importe de 220.000 euros e persegue incrementar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos. O obxectivo é poder iniciar os traballos este verán.

Trátase de intervencións en 10 percorridos por estradas autonómicas das catro provincias nas que se colocarán máis de 300 sinais e paneis para que os condutores estean alerta da presenza dos ciclistas, e nas que se prestará un especial esforzo o mantemento das beiravías.

Esta actuación de protección dos usuarios vulnerables das estradas céntrase nos ciclistas deportivos, tendo en conta as características diferenciais deste colectivo no uso das estradas, que fai preciso intervencións adaptadas a colectivo.

Os ciclistas deportivos circulan a unha velocidade moito maior, polo que teñen que desprazarse pola calzada, preferentemente pola beiravía. Isto provoca situacións de maior vulnerabilidade e actuacións como esta van encamiñadas a reforzar a súa seguridade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.