24 locais de Ferrol solicitaron xa ampliar as súas terrazas

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, anunciou que os interesados en instalar máis mesas e cadeiras deben cubrir un formulario que atoparán nos Destacados da web municipal e o departamento estudiará a súa viabilidade caso por caso

Un total de 24 propietarios de establecementos da cidade solicitaron xa ao Concello autorización para colocar máis mesas e caldeiras nas súas terrazas. O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, firmou o pasado venres un decreto polo que se ordenaba a tramitación administrativa preferente e a axilización das solicitudes para incrementar as terrazas ou modificalas de acordo coa ordenanza reguladora das mesmas. Os técnicos do departamento que dirixe Reina, que no día de onte visitaron un total de seis establecementos, estudian de forma individual a viabilidade de cada caso.

Os donos de locais interesados en solicitar dita ampliación deben cubrir un formulario que atoparán na sección de Destacados da páxina municipal.

O decreto da pasada semana tamén autoriza de forma automática e con carácter xeral aos propietarios dos establecementos a ampliar o espazo o mínimo indispensable para colocar o 50 % das súas terrazas mantendo os dous metros de distancia de seguridade.

Comisión de terrazas, o venres

Reina tamén anunciou esta mañá que o próximo venres presidirá unha comisión de terrazas co fin de axilizar todo o posible as autorizacións de quen solicite aumentalas sempre que cumpra a normativa e tamén para coñecer a marcha da apertura dos locais. A partir de agora ditas comisións terán unha periodicidade semanal.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

10 + seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.