A Asociación Amizade solicita que se marque a X Solidaria na declaración da renda

O  Programa de atención integral para persoas con discapacidade que se leva a cabo na asociación, é posible coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da Declaración da Renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”

A asociación Amizade, asociación de persoas con discapacidade da Comarca de Pontevedra, continúa ofrecendo o servicio de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con discapacidade e máis de 100 persoas de diferentes concellos da provincia de Pontevedra se benefician do programa.

A través deste servizo, se quere favorecer o desenvolvemento das capacidades de cada unha das persoas, fomentar unha mellora na calidade de vida, promover a participación social das persoas con discapacidade a través de actividades de ocio e deportivas e contribuír á sensibilización política e social.

Para poder levalo a cabo, este servizo conta cunha cofinanciación da Xunta de Galicia procedentes da convocatoria de subvencións que as persoas contribuíntes derivan marcando a X Solidaria na Declaración da Renda.

Segundo o Instituto Galego de Estadística (IGE) en referencia ao ano 2019 situaban na provincia de Pontevedra 90.062 persoas con discapacidade. Tendo en conta os concellos que abrangue este programa (Pontevedra, Pontecaldelas, A Lama, Moraña, Poio, Barro, Marín, Portas, Meaño, Cambados, Ribadumia e Cuntis) serían un total de 16.873 persoas con discapacidade que viven nestes Concellos. Unha cifra significativa de poboación e que pon de manifesto a necesidade de atender as diferentes necesidades das persoas con discapacidade neste ámbito territorial.

A Asociación Amizade nace no ano 1988, poñendo os seus esforzos no traballo directo con persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial.

Todas as actividades e servizos que Amizade desenvolve están pensadas para fomentar que as persoas con discapacidade sexan capaces de acadar un nivel de vida máis autónomo e independente. Amizade forma parte da Confederación Galega de persoas con discapacidade (COGAMI).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.