A Asociación El Nor entrega 500 máscaras de seguridade para Policía Local e Protección Civil de Tui

A asociación musulmá El Nor de Tui realizou unha doazón de 500 máscaras FPP2 de seguridade para a Policía Local, Protección Civil, e os equipo de desinfección municipal. Tamén nos próximos días entregarán luvas de nitrilo para estes servizos

Dende a asociación El Nor, ante a situación xerada pola pandemia da COVID19, quixeron aportar o seu gran de area coa achega deste material de protección.

Na entrega estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, o inspector xefe da Policía Local, Manuel Arca, a traballadora social, Carmen González, xunto a Younes Elghali Mhamedi e Abdessamad Cherti Oulhassi da Asociación El Nor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.