A atención ás persoas máis vulnerables, un dos principais obxetivos marcados polo Concello de Arbo durante a pandemia

Alta de usuarios no Servizo de Axuda no Fogar. Reforzo na atención aos arbenses máis vulnerables por medio de visitas e atención telefónica durante a crise sanitaria. Reparto de alimentos entre familias  e colectivos vulnerables. Servizo de atención psicolóxica gratuíta

Dende  o incio da crise provocada pola emerxencia sanitaria do coronavirus, o goberno de Arbo reforzou os Servizos Sociais municipais para dar resposta aos colectivos máis vulnerable e para que ningún arbense sufrira a consecuencia de esta extraordinaria crise sanitaria e social.

“Os servizo municipais  realizaron visitas a todos os usuarios do SAF para comunicarlle todos os cambios a realizar co gallo do Estado de alarma. Ademais neste servizo de axuda no fogar, déronse de novos usuarios  ao pecha a Casa do Maior e centros de día, así como outros casos de urxencia que foron xurdindo durante o cofinamento”.

“Durante os primeiros días, fíxose un análise do Padrón municipal de Habitantes, para detectar persoas maiores vulnerables ou con necesidades, as que se lle realizaron visitas e chamadas telefónicas e coas que se mantivo e maten un contacto telefónico para o seu seguimento”.

“Para evitar que moitos maiores saíran dos seus domicilios e se expuxeran o virus, reforzouse o servizo de axuda no fogar para levar alimentos e medicamentos ao usuarios, así como unha atención permanente todos os días da semana, que ademais de servizo presencial se reforzou co servizo telefónico e servizo de urxencias as 24 horas do día”.

“Garantir a alimentación básica no so nos maiores, seno tamén dos menores que ata ese momento eran usuarios dos comedores escolares dos colexios, foi outra das prioridades que traballou dende o inicio do Estado de Alarma. Unhas necesidade básicas que se están cubrindo co Banco de Alimentos do Concello de Arbo e con compras de produto fresco ou conxelado nos supermercados locais. Ao banco de alimentos fóronse incorporando ao longo da crise sanitaria familias as que os recursos se foron limitando por falta de ingresos”.

“Se rexistrou unha demanda e tamén un incremento importante na demanda de axudas, dirixidas a persoas e familias que non contan con ingresos e que foron incorporados a base de datos de persoas con necesidades do Concello de Arbo, e axudadas a través das achegas do programa de Emerxencia Social do Concello de Arbo”.

“Conscientes da crecente necesidade de axuda e de apoio ante o aislamento social que puido sentir moitas persoas neste cofinamento obrigado,  púxose a disposición de todos os veciños e veciñas de Arbo, o servizo de atención psicolóxica gratuita”.

“O goberno local está garantizando dende o inicio da crise sanitaria, que todos os servizos municipais básicos e esenciais sexan para favorecer aos veciños e veciñas de Arbo – informa o rexedor Horacio Gil.  Dende un primeiro momento para o goberno local o importante foi que a crise sanitaria non afectase ao noso municipio e que os colectivos máis vulnerables estiveran protexidos – para este goberno que presido, en todas as medidas adoptadas demos exemplo de organización e de cumprimento estrito de cada orde que recibimos, actuando con lealdade e seguindo as medidas de prevención precisas, con gran esforzo do persoal e sempre con recursos económicos propios,  coa finalidade de minimizar as afeccións no noso municipio, desinfección de rúas, servizo de taxi gratuíto, reparto de mascaras reutilizables, suspensión pago cuotas do Punto de Atención infantil,  impresión e entrega de tarefas escolares, reparto de material entre os sectores comerciais, autónomos e empresas de Arbo, medidas de protección en todos os locais municipais e reforzo na Praza de Abastos… Para  que todo sega como ata o momento, sen ningún caso de coronavirus en Arbo,  debemos seguir cumprir do estritamente as recomendacións, evitando ao máximo saír dos nosos domicilios.   Entre todos podemos conseguir  que este virus non se propague na nosa area de influencia” remata o rexedor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.