A Coruña reduce o límite de velocidade a 30km/hora en toda a cidade

As novas limitacións entrarán en vigor en cada unha das vías no momento en que se coloquen os sinais

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a declaración da Coruña como “Cidade 30”. Isto significa que a limitación xeral de velocidade na cidade será de 30 km/h en todas as vías urbanas, salvo algunhas excepcións. A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor esta medida ao sinalar que, “trátase dunha actuación importante dentro da aposta do Goberno local por unha mobilidade sostible; o noso plan de mobilidade inclúe outras medidas como a regulación dos vehículos de mobilidade persoal (VMP), a mellora do transporte público, o uso da bicicleta, e a ampliación das zonas peonís”.

Deste xeito, engadiu a rexedora, “o concello dalle o protagonismo as peoas e os peóns, reduce a siniestralidade, coida o medio ambiente e gaña máis espazos públicos”.

Esta limitación entrará en vigor en todas as vías da cidade, coa excepción do eixe das rúas Sánchez Bregua-Juana de Vega-Rexedor Somoza- túnel da praza de Pontevedra, que manteñen a velocidade máxima en 50 km/h. As rúas Ramón y Cajal, Fernández Latorre e a avenida de Pérez Ardá até a rolda de Outeiro tamén seguirán coa mesma limitación. A rúa Juan Flórez conserva a velocidade máxima de 50km/h, agás o carril dereito, cuxa velocidade máxima permitida será de 30 km/h.

A nova normativa recolle que nas rúas con plataforma única en calzada e beirarrúa, a velocidade será de 10 km/h, salvo o transporte público, que poderá circular a 20 km/h. As novas limitacións de velocidade entrarán en vigor en cada unha das vías no momento en que se coloquen os sinais.

As vías urbanas de dous ou máis carrís por sentido de circulación poderán ter unha limitación de 50 km/h, e naquelas cuxa configuración o permita, poderanse implantar carrís con limitación de velocidade a 30 km/h.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.