A Marea Veciñal Touro propón a creación dun mercado agroalimentario semanal na localidade

Esta medida está incluída no plan de emerxencia social formulado pola agrupación que recolle medidas de apoio ós autónomos, PEMES e colevtivos vulnerables. 

A situación de crise sanitaria puxo de manifesto a necesidade de soberanía alimentaria, un dos puntos programáticos vitais na filosofía da nosa agrupación veciñal. Está suficientemente probado que o consumo de alimentos de proximidade ten beneficios a nivel económico, social e ambiental no conxunto da poboación. Isto sumado a unha nova realidade que probablemente derive nunha crise económica considerable, fai necesaria unha actuación nesta liña por parte da administración local.
A marea veciñal, en colaboración con diferentes sectores da veciñanza (agricultores, gandeiros, consumidores etc), impulsa a creación dun mercado agroalimentario semanal que poña en valor a produción local e que permita que os nosos produtores obteñan unha marxe comercial que faga rendible as súas actividades económicas. Este mercado, a modo de praza, debe servir tamén para que a veciñanza que así o considere poida vender os excedentes de produción. O que se propón non é algo novidoso nin difícil de executar por parte da administración local (Teo, Melide…), e tería beneficios noutras actividades económicas que actualmente están a sufrir as consecuencias da pandemia provocada polo CO-VID 19 (Hostalería, comercio local…).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.