A Marea Veciñal de Touro pide a conformación dun espazo de coalición de forzas amplo e con participación das agrupacións municipalistas

A agrupación veciñal aposta por impulsar unha plataforma ampla para concorrer ás eleccións do 12 de xullo, na que participen os movementos municipalistas e movementos sociais conformes cunha liña política común baseada nos valores de progresismo e ecoloxismo, xunto coa defensa e impulso dos servizos e sectores públicos. Unha plataforma asentada nun programa político transformador e achegado á realidade da cidadanía e do territorio.

Máis que nunca, no contexto derivado da Covid-19 faise necesaria a construción dun espazo amplo e diverso, capaz de representar no Parlamento o traballo das agrupacións veciñais e dos movementos municipalistas espallados por todo o territorio galego.
A agrupación veciñal de Touro alerta do risco de que unha parte importante da cidadanía e da súa representación política local non se vexa representada nas candidaturas do vindeiro 12X.
Consideran que o momento require valentía para falar con distintas forzas políticas a fin de construír esa alternativa, e renunciar a encasillamentos reducionistas que limiten o fortalecemento desta alternativa. A suma de forzas políticas ten que servir para multiplicar propostas políticas e traballo, en ningún caso caer nunha simple suma de siglas.
Facer unha aposta decidida polo ensanchamento pola base do movemento, é elemental para o crecemento e a consolidación da plataforma.
Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 + 18 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.