A Radio Comunitaria da Coruña continúa as suas emisións por videoconferencia

As instalacións, propiedade da Universidade da Coruña  no Campus da Zapateira, permanecen pechadas dende o inicio do confinamento

A Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM continúa emitindo as 24 horas do día no 103.4 da FM, ademáis de na sua web www.cuacfm.org e na App gratuita que se renovou por completo a finais de xaneiro, con novas funcionalidades.
Pese a non poder entrar na emisora dende o 14 de marzo, a rapidísima resposta do equipo de voluntariados da Coordinadora de Tecnoloxía, formados na Facultade de Informática da UDC, permite a emisión remota e dende os domicilios das persoas que fan posible as emisións de CUAC FM. 
A combinación de tres elementos fai posible que máis de 25 programas, que serán 27 en xuño, esteán xa emitindo no seu horario habitual. O sistema consiste no control remoto dunha mesa de misturas dixital que se usaba no Estudio de gravación Alexandre Bóveda, o lanzamento de audios dende o ordenador de emisión para non perder calidade e unha sala de videoconferencias na que se reunen locutores, técnicos e convidados aos programas.
 
Incluso un novo programa magazine, A Veleta, debutou en antena nestas circunstancias, tras pasar a formación xusto no mes de febreiro e estar en prácticas cando a pandemia provocou o peche, decidiron que non aguantaban máis sen emitir.
 
Este sistema estase a utilizar tamén para unha emisión en rede das diversas emisoras da Rede Estatal de Medios Comunitarios que cada domingo realiza El Otro Coronavirus, con persoas emitindo dende toda España. 
 
Sinalar por último que a emisora non puido celebrar o seu 24 aniversario como tiña previsto o día 27 de marzo. Todo quedou nun brindis virtual pendente do momento no que se podan reencontrar as máis de 100 persoas socias que semanalmente realizan a programación de forma voluntaria. Agardamos que as vodas de prata de 2021 sexan moi diferentes.
Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.