A Real Academia Galega celebra un acto de homenaxe a Carvalho Calero de carácter simbólico este 17 de maio en Santiago de Compostela

A Real Academia Galega celebrará este domingo, Día das Letras Galegas, un acto de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero de carácter simbólico en Santiago de Compostela. A institución viuse na obriga de pospoñer ata o 31 de outubro o tradicional acto académico do 17 de maio que ía celebrar en Ferrol, a súa cidade natal, por mor do estado de alarma pola pandemia de coronavirus, pero aproveitando a nova fase en que se atopa Galicia renderá tributo ao filólogo, profesor e escritor cunha sinxela ofrenda floral ao pé da casa que foi o seu derradeiro domicilio, na rúa Carreira do Conde.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, colocará o arranxo floral acompañado da académica Margarita Ledo, quen lerá un poema do homenaxeado. Asistirán como convidados o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, institución na que Carvalho Calero se converteu en 1972 no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega en Galicia, sete anos despois de inaugurar as clases de galego na universidade galega.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.