A reparación dos danos do muíño de San Xoán comenzaran nos vindeiros días

Os danos que presenta o inmoble foron causados por actos vandálicos, dos que se descoñece o autor ou autores.  O Estado do Muiño de San Xoan e lamentable, os intrusos prederon lume no interior o que produxo que as  madeiras se queimaran,  romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira coa capa de verniz queimada e afumadas, porta de entrada destrozas,  etc…

O deterioro que esta sufrindo pode afectar a estrutura do inmoble,  o que suporía unha perda  moi importante para o patrimonio  etnolóxico arbense, xa que dito  muiño  data do século XV e, a súa vez,  tamén fixo de serradoiro.

Esta actuación conta con financiamento ao 100% con cargo aos fondos propios do Concello, tras ingreso da compañía aseguradora realizado o día 1 de abril de 2020, que deu lugar ao correspondente expediente de contratación, que se viu parado polo Estado de Alarma.

Os perigos que se aprecian na zona son evidentes, e, aínda que o Concello  adoptou as medidas necesarias de seguridade, poñendo enreixado para evitar o acceso ao mesmo e sinalando a zona, foron varias as ocasións nas que as mesmas estaban movidas ou desapareceron do lugar, informa o alcalde Horacio Gil, que condena estos feitos e recorda que os bens municipais son de todos os arbenses, e debemos coidalos.  O Rexedor tamén informa que será unha empresa local a que se ocupara da mellora das intalacións, sendo sempre prioridade deste concello a contratación de obras, sempre que sexa de aplicación a normativa, a empresas locais o que supón nestes momentos todavía de crise, unha reactivación da económia local.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 + diez =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.