A unidade móbil de doazóns estará en Allariz este venres e sábado

A unidade móbil da Axencia de doazón de  Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) estará en Allariz o venres 22 e o sábado 23 de maio. O horario será de 10:00h ás 14:30h e de 16:00h ás 21:00h o venres e de 10:00h ás 15:00h o sábado
Os autobuses do centro de transfusións non pararon durante os últimos dous meses, aínda que agora, por mor do coronavirus, tiveron que establecer protocolos para garantir a saúde das persoas que acoden doar e tamén para o persoal que traballa nas mesmas.

A axencia recorda que as unidades móbiles son espazos seguros. Neles cúmprense todos os requisitos normativos de seguridade sanitaria, fáiselle unha revisión previa a todas as persoas doadoras, emprégase material esterilizado dun só uso e o persoal que atende o proceso de doazón está equipado para protexer e protexerse.

Desde a ADOS informan que se utiliza material dun só uso e adóptanse medidas hixiénicas e preventivas para evitar contaxios da COVID-19.

Para poder doar deberase concertar unha cita previa, no teléfono 900 100 828 en horario de 08:00 ás 22:00h, de luns a venres. Este novo sistema implementouse para evitar aglomeracións nas inmediacións da unidade móbil.
Ademais pídeselle ás persoas que acudan a doar que, previamente adopten todos os protocolos de hixiene:

  • lavar as mans con frecuencia
  • non tocar ollos, nariz e boca, esbirrar contra o interior do cóbado ou contra un pano desbotable
  • gardar a distancia mínima de dous metros mentres se agarda a vez para subir ao autobús
  • levar mascarilla para acceder o interior da unidade de doazón

Por outro lado non se debe ir doar se se tivo algún síntoma como tose, febre, dificultade para respirar ou se se tivo contacto con persoas diagnosticadas de COVID-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.