A Xunta aproba os cambios do Plan Xeral en Monte do Sino e no centro de Oleiros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas notificoulle ao Concello de Oleiros a aprobación definitiva de dous cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este informe favorable da Xunta de Galicia era o último paso na tramitación destas modificacións

No caso do POL-31, no centro de Oleiros, modifícase o réxime de usos permitidos engadindo a posibilidade do uso vivenda plurifamiliar na planta baixa. En Montrove, en Monte do Sino, os terreos comprendidos no sector de solo urbanizable delimitado SUD-13 pasan a ser solo urbano consolidado pois estes terreos reúnen, e xa reunían no momento de aprobación do PXOM, as condicións legais para seren clasificados como solo urbano consolidado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.