A Xunta reparte hoxe ao alumnado do CPI de Pedrafita do Cebreiro o material escolar que quedara no centro

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, lembrou que axentes de Medio Ambiente están a facer de xeito voluntario a entrega a domicilio para que os escolares poidan seguir usando os libros desde as súas casas

A Xunta de Galicia reparte hoxe ao alumnado do Centro Público Integrado (CPI) Uxío Novoneyra de Pedrafita do Cebreiro o material escolar que lles quedara no centro tras a suspensión das clases acordada como unha das medidas para frear a expansión do coronavirus.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que axentes das brigadas da Consellería e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participan de forma voluntaria desta iniciativa para colaborar cos colexios da provincia no reparto de libros e outros elementos que os estudantes deixaran nos centros.

Os axentes entregan o material nos domicilios dos escolares, para que poidan seguir facendo uso del desde as súas casas. A Xunta puxo este servizo á disposición dos centros educativos lucenses que imparten as etapas de educación infantil e primaria, para evitarlles desprazamentos ás familias e tamén para evitar que puntualmente puideran concorrer demasiadas persoas nas instalacións.

Os colexios que estean interesados deben poñerse en contacto coa Xefatura Territorial de Medio Ambiente na provincia; as familias indicarán o material que precisan recuperar e o centro e os axentes da brigada coordinarán a actuación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.