A xustiza reitera que “A Lanzada pertence a O Grove”

Desde o Concello do Grove incídese en que é necesario que este tema quede resolto definitivamente dada a reiteración de confirmacións da titularidade do istmo

O Concello do Grove recibiu esta semana a notificación da sentenza de resolución núm. 87/2020 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra pola cal se desestiman os recursos presentados polo Concello de Sanxenxo e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Noalla contra a resolución do 26 de febreiro de 2018 do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra. Naquel momento o Xurado de Montes desestimaba reclamacións de Sanxenxo e Noalla sobre a titularidade da Lanzada e o tribunal contencioso reitera a negativa a atender as novas reclamacións procedentes do Concello e da Comunidade de Montes.

O Concello do Grove incide no cansazo e na perda de recursos que supón esta continua presión xudicial que, unha e outra vez, dá o mesmo resultado. Os antecedentes da sentenza lembran que existen procedementos sobre este tema desde o ano 1984. Por todo isto, é preciso poñerlle fin a esta batalla sen sentido e centrar os esforzos no realmente importante, que é o coidado e a preservación do areal.

Ver sentenza íntegra
Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 + 20 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.