Abel Caballero: “O coronavirus non pasou e pode haber un repunte”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en que os cidadáns deben manter as medidas de distancia social, hixiene e uso de máscara no caso de que non sexa posible gardar afastamento persoal. “O coronavirus non pasou e pode haber un repunte”, advertiu

Precaución e cautela. Esta son as recomendacións lanzadas polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, aos cidadáns no proceso de desescalada e saída a grave crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19. O rexedor apuntou na súa conferencia de prensa telemática que e necesario seguir mantendo a distancia social.

“Fago unha petición a todos, que cooperen con nós transmitindo precaución e cautela, coidado porque o coronavirus segue aquí, sempre que teño unha reunión pido a todas as asociacións, tamén aos medios de comunicación e institucións, que lle digamos aos cidadáns que deben manter cautela, distancia social, hixiene de mans e máscara en aqueles lugares nos que podemos gardar distancias”, sinalou.

O alcalde insistiu na necesidade de que “non cometamos o inmenso erro de crer que isto xa pasou, non pasou, e pode haber un repunte e o peor que poder pasar é un repunte”. Caballero explicou que esta mesma mañá está a dar o visto e prace ao mensaxe para emitir na praia de Samil e sinalou que “onte a xente comportouse civilizadamente”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.